HackaSomQue é a HackaSom?
Un evento virtual, en formato Hackathon, no que propomos a persoas próximas a Som Energia colaboraren entre elas ao longo de 3 semanas en proxectos multidisciplinares relacionados coa cooperativa.
Datas claveCalendario
Inscricións
Arranque
Posta en común intermedia
Presentación final
Que imos facer?A dinámica
Durante a sesión de arranque estableceranse equipos de entre 3 e 5 persoas por proxecto, no que estarán a traballar en liña durante 3 semanas.
A metade da HackaSom haberá unha posta en común do traballo entre os equipos e, na sesión final, cada equipo presentará os resultados do seu proxecto.
Durante a HackaSom terás á túa disposición mentoría por parte do grupo de traballo de IT do equipo técnico de Som Energia que che dará apoio no que precises.
Máis detalles nas FAQ.
PropostasA temática
Este ano centrarémonos nestas tres:
- Seguimento e control enerxético no ámbito doméstico
- Ferramentas de axuda a persoas socias
- Visualización de datos abertos
Formulario de inscriciónInscricións
As inscricións xa están pechadas.